As Pontes acolle un campus de mecánica de karts e motos de competición

TerraChaXa
O concello das Pontes acollerá, desde o 28 ao 30 de xullo, un curso de mecánica de karts e motos de competición.
karts
14 Xul 2022

O concello das Pontes acollerá, desde o 28 ao 30 de xullo, un curso de mecánica de karts e motos de competición organizado por C. As Pontes MVR, ETG Racing, José Luis Echevarría e Squadra Racing.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran adquirir formación básica en mecánica e entender o funcionamento dos elementos dunha motocicleta e un kart, así como o mantemento nos vehículos empregados nas distintas competicións así como coñecer as diversas opcións de regulacións e postas a punto dos vehículos.

Así, entre os diferentes contidos que se abordarán neste campus, o alumnado introducirase no mundo da competición, recibirá formación técnica sobre motorsport en competición e poderá realizar prácticas reais no circuíto das Pontes, onde poderán empregar os coñecementos adquiridos, coñecer a reglamentación deportiva mediante o análise dos regulamentos deportivos e técnicos dos principais campionatos e realizar probas na pista con pilotos de moto e karts para a toma de datos e xestións de settings.

Así mesmo, recibirán asesoramento sobre o futuro laboral no mundo da mecánica de competición e seis alumnos ou alumnas poderán convertese en axudantes de mecánica, en equipos de competición, durante o ano 2023.
Os cursos desenvolveranse en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 e polas tarde de 15:30 a 19:30 horas e poderán participar, como alumando na formación teórica, persoas cunha idade mínima de 15 anos, con ou sen formación previa en mecánica de motos ou karts.

As persoas interesadas en participar neste campus poden poñerse en contacto nos seguintes números de teléfono e enderezo electrónico para inscribirse e recibir más información: MVR Rebeca: 686 208 265 • SQUADRA RACING Cristina: 636 708 527 • ETG Ino: 698 144 717 e info@mvrracing.es.

0.086296796798706