As Pontes acolle un curso do SLG sobre plantas auxiliares de horta

TerraChaXa
Impartirase os días 5, 6, 12 e 13 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas
curso-plantas-auxiliares-horta-as-pontes
Cartel
26 Ago 2024

As Pontes acollerá en setembro un curso de Plantas auxiliares na horta, organizado polo Sindicato Labrego Galego e financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Este terá lugar os días 5, 6, 12 e 13 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas na granxa As Bieiteiras, no lugar de Aparral de Arriba.

Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas e estará a cargo de Lucía Ferreira Fernández.

As persoas que desexen participar poden notarse en Vilabla en vilalba@sindicatolabrego.gal ou no teléfono 982 512 431 ou en tecnicabetanzos@sindicatolabrego.gal e no número 687 645 907.

0.16720008850098