As Pontes acolle este mes un curso do SLG sobre plantas auxiliares de horta
TerraChaXa
Impartirase os días 3, 4, 10 e 11 de outubro, de 16.00 a 20.00 horas
Cartel
1 Out 2024
As Pontes acollerá este mes un curso de Plantas auxiliares na horta, organizado polo Sindicato Labrego Galego e financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Este terá lugar os días 3, 4, 10 e 11 de outubro, de 16.00 a 20.00 horas na granxa As Bieiteiras, no lugar de Aparral de Arriba.
Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas e estará a cargo de Lucía Ferreira Fernández.
As persoas que desexen participar poden notarse en vilalba@sindicatolabrego.gal ou no teléfono 982 512 431 ou en tecnicabetanzos@sindicatolabrego.gal e no número 687 645 907.