As Pontes acolle un novo Festival de Rondallas este sábado
TerraChaXa
Vai ter lugar ás 20.00 horas no cine Alovi co Orfeón de Trivés e a Rondalla Só Elas, ademais do grupo anfitrión

3 Oct 2025
A compañía Rondalla Vila de As Pontes, coa colaboración do Concello das Pontes e a Deputación da Coruña, organiza o Festival de Rondallas, que vai ter lugar o sábado 4 de outubro ás 20.00 horas no cine Alovi.
No festival actuarán o Orfeón de Trivés e a Rondalla Só Elas, ademais do grupo anfitrión do evento, a Rondalla Vila de As Pontes.