As Pontes acolle un obradoiro dirixido a mulleres para fomentar o autocoñecemento

TerraChaXa
O Centro de Información á Muller do Concello das Pontes organiza o obradoiro Emoción-ARTE a partir do día 6 na Casa Dopeso
obradoiro emocion arte as pontes
4 sep 2022

O Centro de Información á Muller do Concello das Pontes organiza o obradoiro Emoción-ARTE, unha iniciativa na que as mulleres participantes poderán achegarse ao autocoñecemento e conectar co corpo e as emocións a través da  expresión artística.

As sesións terán lugar nas Pontes os días 6, 8, 12, 19, 26 e 30 de setembro entre as 18:00 e as 20:30 horas na Casa do Peso.

As persoas que desexen máis información ou inscribirse poden facelo no propio CIM ou no teléfono 673 05 38 26.

0.30717897415161