As Pontes acolle unha concentración de escolas de rugby

TerraChaXa
Este domingo o CR Fendetestas organiza, xunto coa Federación Galega de Rugby, a I Concentración de Escolas de Rugby das Pontes.
concentracion escolas rugby as pontes portada
21 Abr 2022

Este domingo o CR Fendetestas organiza, xunto coa Federación Galega de Rugby, a I Concentración de Escolas de Rugby das Pontes.

Nesta cita participarán 197 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos procedentes de 8 clubes galegos: CR Fendetestas, CRAT A Coruña, CR Ferrol, CD Zalaeta, Asociación Valentes - CD Lobos, Muralla RC, ER Astérix Viveiro e Capóns Vilalba RC.

A concentración terá lugar a partir das 11.00h no Campo Evaristo Puentes Durán (As Pontes) e haberá partidos nas diferentes categorías durante toda a mañá. A xornada pecharase ás 16:00h cun partido amistoso M14 entre o Alvac CR Fendetestas e a Asociación Valentes - CD Lobos.

0.083101034164429