As Pontes acolle unha representación teatral con masterclass

TerraChaXa
As Pontes acollerá a final de mes unha masterclass e unha representación teatral a cargo de Juan Anillo. Esta será o día 7 de abril.
masterclass teatro as pontes portada
8 Abr 2023

As Pontes acollerá a final de mes unha masterclass e unha representación teatral a cargo de Juan Anillo. Esta será o día 27 de abril a partir das 20.30 horas no auditorio Cine Alovi das Pontes.

A representación teatral é Bendita Mudanza, dirixida precisamente por Juan Anillo, que centrará a súa masterclass no microteatro como entremés.

Trátase dunha visión diferente da creación artística. Estás tan preto da trama que é imposible distanciarse dos actores. Sente a emoción, as súas respiracións. Se hai sangue, salpicarache

Juan Anillo, o 15 de xullo de 1992, estrea no mítico Café do foro de Madrid un cabaret coa súa propia compañía. Ese mesmo ano ficha por TVE, e está 4 anos no persoal do tamén mítico Mitomanía. Algunha serie da época, tamén para TVE, varias curtametraxes, máis teatro, en distintas compañías, para nenos, clásico, grego. Os 6 últimos anos doutro clásico da televisión, LO + PLUS. Varias películas, desde unha frase, ata o secundario da última, Bendita Calamidade.

Sen deixar o teatro en ningún momento, protagonizou durante 2 tempadas unha versión fantástica de La vuelta al mundo en 80 días e xusto despois coprotagoniza El ultimo que apague a luz de Antonio Ozores, coa súa filla, Emma Ozores. Ata que chegou a pandemia e parou todo por un momento.

Director artístico de Déjate besar, convidado e copresentador das catro últimas 4 edicións do Orgullo Vallecano, 18 anos no equipo de produción, e presentador de galas do Festival de cinema de comedia de Tarazona e O Moncayo … resumindo, porque ademais doutras moitas cousas, segue en activo actualmente.

masterclass teatro as pontes
0.22440099716187