As Pontes acolle unha sesión informativa sobre a trata de persoas

TerraChaXa
A entrada será libre e gratuíta
manos-stop-parar-trata
27 Feb 2025

O vindeiro 28 de febreiro ás 20:00 horas, o salón de actos da Casa Dopeso, en As Pontes, será o escenario dunha sesión informativa sobre a trata de persoas. O encontro contará coa participación de Roberto Ferreiro, coordinador do Centro de Día Oblatas O Mencer de Ferrol, quen abordará esta grave problemática social.

A sesión está organizada en colaboración co Concello das Pontes, Cáritas Mondoñedo-Ferrol e o Centro de Día Oblatas, co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e proporcionar información clave sobre a loita contra a trata de seres humanos.

A entrada será libre e gratuíta, polo que se convida a toda a veciñanza a asistir e participar nesta xornada de concienciación.

⚙ Configurar cookies
0.83578705787659