As Pontes acolle unha xornada sobre a actividade resineira
TerraChaXa
O Concello das Pontes acollerá o 15 e 16 de novembro unha xornada formativa sobre a actividade resineira.
10 Nov 2019
O Concello das Pontes acollerá o 15 e 16 de novembro unha xornada formativa sobre a actividade resineira.
Esta charla dará comezo o día 15 ás 18.00 horas no Centro Administrativo Pontés e será unha xornada teórica sobre resinación nos montes galegos.
Ao día seguinte, haberá unha saída aos montes de Somede para facer unha pequena práctica.
A xornada será impartida por Raúl Vilela Darriba, xerente de Alternativas Forestais e Enxeñeiro Técnico Forestal e por Xián Santos Zarazo, socio fundador de Arega e Técnico Forestal.
Para máis información e formalizar as inscricións haberá que chamar ao 981 440 668 ou no email info@euroeume.org.