As Pontes acollerá a segunda proba o Circuíto de tenis entre escolas en xuño
As Pontes acollerá a segunda xornada do Circuíto de tenis entre escolas que se desenvolverá o próximo 9 de xuño nas pistas de tenis do Canal IV organizado polo Club de Tenis As Pontes.
Esta competición que se iniciou o pasado 12 de maio en Begonte consta de cinco citas deportivas que terán lugar o 13 de xullo en Foz, o 23 de agosto en Vilalba e o 7 de setembro en Perlio.
A competición renúne a xogadores das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e terá trofeo para o campión e subcampión de cada categoría e medallas para todos os participantes.
Nesta competición figuran 30 xogadores, que foron os que participaron na primeira cita cun sistema de competición a través de tres equipos formado cada un por dez xogadores.
Xogáronse partidos individuais a dez puntos. Os primeiros de cada equipo enfrontábanse entre eles, os segundos igual e así sucesiamente. Tamén xogaron partidos de dobles a dez puntos. O conxunto vencedor foi o Equipo C, subcampión o A, e terceiro clasificado o B.
No A participaron
1. Hugo Teijeiro (Vilalba)
2. Juan Pita (Perlio)
3. Anxo Bouza (Perlio)
4. Diego Gay (Begonte)
5. Nerea Gonzalez (Perlio)
6. Ramiro (Begonte)
7. Alex Porto (Perlio)
8. Carmen Rodriguez (Begonte)
9. Mateo (Vilalba)
10. Nico ( Begonte)
EQUIPO - B
1. Andrea Miranda ( Perlio)
2. Mauro Curras (Vilalba)
3. Diego Montenegro (Vilalba)
4. Nerea Freire (Perlio)
5. Xavier Castiñeira (Begonte)
6. Alex Sande (Perlio)
7. Dani Ledo (Begonte)
8. Juan Gerpe (Perlio)
9. Iber Suarez (Begonte)
10. Maria Seoane (As Pontes)
EQUIPO-C
1. Adrian Ginzo (V)
2. Santi Ramudo (V)
3. Joel Luaces (Perlio)
4. Aurora Recaman (Perlio)
5. Icia Fraga (Vilalba)
6. Ainoa Balado (Perelio)
7. Alex Tato (Begonte)
8. Noa Pena (Perlio)
9. Diego Fernandez (Perlio)
10. Dario (Begonte)