As Pontes acollerá a tradicional comida das Cármenes 2025 o 18 de xullo

A tradicional comida das Cármenes, que se celebra nas Pontes coincidindo coas festas patronais, celebrarase o vindeiro 18 de xullo ás 14:30 horas no restaurante Medulio, mantendo viva unha das citas máis queridas e agardadas por veciñas e veciños.
As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse en varios establecementos do municipio, entre os que se atopan: Floristería Ledicia, Mayge, Cul, Óptica Carmela, Carnicería O Barreira, Entrecosturas, Salón de Beleza Vanessa, Venus, 7 Camiños, Rafa Vila Xoiería e Librería Xandra.
Este encontro, que cada ano reúne a múltiples xeracións, anima a traer un acompañante, co obxectivo de compartir un día de amizade e convivencia en torno á festividade das Cármenes.