As Pontes acollerá a XXVIII Cacería do Zorro o 5 de xullo

TerraChaXa
Esta actividade consiste en localizar a “raposa”, un transmisor escondido, a través de sinais de radio na canle 25 AM
caceria-do-zorro-radio-eume
3 Jul 2025

As Pontes volverá ser escenario da tradicional Cacería do Zorro organizada por Radio Clube Eume, que este ano celebra a súa vixésimo oitava edición. A cita será o sábado 5 de xullo de 2025, ás 17:00 horas, tendo como punto de saída o Mercado de Abastos.

Esta actividade consiste en localizar a “raposa”, un transmisor escondido, a través de sinais de radio na canle 25 AM, poñendo a proba a habilidade e destreza dos participantes no manexo de emisoras e antenas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do propio Radio Clube Eume, que tamén facilita toda a información necesaria para sumarse a esta xornada de radio e deporte.

A organización entregará premios en forma de emisoras, antenas e trofeos de Sargadelos ás persoas gañadoras desta edición, co obxectivo de seguir impulsando unha actividade que une afición pola radio, natureza e convivencia. O evento conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello das Pontes.

⚙ Configurar cookies
0.1666100025177