As Pontes acollerá esta fin de semana as series de Beach Rugby que pechan a tempada

TerraChaXa
A AD Monte Medulio en colaboración co CR Fendetestas e o Concello das Pontes organizan a cuarta edición deste torneo
Series-Españolas-de-rugby-praia-nas-Pontes
Un momento da presentación do evento
1 Ago 2024

Tras visitar Cabanas, as Series Españolas de Beach Rugby 5 pechan a tempada no lago das Pontes esta fin de semana.

A AD Monte Medulio en colaboración co CR Fendetestas e o Concello das Pontes celebrarán a cuarta edición dun torneo que non deixa de crecer e xa busca a expansión a un segundo campo.

30 equipos repartidos nas 5 categorías e en 2 días de competición, farán as delicias de todo o publico que se achegue á pista areeira multideporte situada xunto á praia do Lago.

Esta edición, con récord de participantes nas categorías de adultos, congregará en torno ao balón ovalado preto de 400 participantes, entre os que se atopan xogadoras de Madrid, Almería, Avilés, Cádiz, Madrid, Mallorca, e de moitos puntos de Galicia. Darano todo por levar o título e definir os campións e campioas da especialidade nesta, que será a última cita do circuíto para este 2024.

Baixo un sol de xustiza que se espera durante o día, e tras o remate dos partidos, o torneo pecharase co habitual terceiro tempo amenizado polo Grupo Sen Trom nin Son e o Dj local Álex Romero.

0.18055009841919