As Pontes contará o mércores co segundo amigable da selección española sub17 de fútbol sala

TerraChaXa
As Pontes xa teñen todo preparado para vestirse de gala e acoller, o mércores día 28, ás futuras estrelas do fútbol sala feminino español.
seleccion espanola de futbol sala guitiriz
26 Jun 2023

O pavillón Jonathan Carro Paz de Guitiriz acollerá ás futuras estrelas do fútbol sala feminino nun partido internacional entre España Portugal. Será hoxe ás 19:00 horas, con entrada libre.

As Pontes xa teñen todo preparado para vestirse de gala e acoller, o mércores día 28, ás futuras estrelas do fútbol sala feminino español. O pavillón municipal acollerá, a partir das 20:00 horas, un partido internacional entre os combinados sub 17 de España e Portugal.

Este encontro foi presentado esta mañá, no salón de plenos municipal, acto que contou coa participación do vicepresidente da RFGF e máximo responsable do fútbol sala en Galicia, Pablo Prieto; o tenente alcalde, Antonio Alonso; a concelleira de Deportes, Elena López; a seleccionadora nacional, Clàudia Pons; e os representantes dos clubs locais, O Esteo FS e o Lago DVSport.

Antonio Alonso salientou que “para As Pontes o mércores 28 de xuño será un día histórico. É moi importante para este municipio que veña a Selección Española a xogar un partido. Para nós é unha emoción poder albergar este tipo de eventos de carácter internacional”. “Con isto o que queremos tamén é reforzar o extraordinario traballo que veñen realizando desde hai anos os clubs do municipio”, engadiu.

Elena López, pola súa banda, aproveitou para facer un chamamento “a todos os veciños e veciñas de As Pontes. Non todos os días un ten a posibilidade de ver á Selección Española aquí, na nosa casa”.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a primeira tenente de alcaldesa, Paula Campo, recibiron onte na Casa do Concello de Guitiriz á Selección Española feminina de fútbol sala sub-17. No acto tamén estiveron presentes a seleccionadora nacional feminina, Clàudia Pons; o responsable de fútbol sala da Federación Galega, Pablo Prieto, e o Xefe de Expedición da Real Federación Española de Fútbol, Pedro Munaret Vilarrodona.

Desde o Concello de Guitiriz fíxose entrega de agasallos a todas as xogadoras, así como o propio combinado nacional regalou unha camiseta asinada por todas as integrantes.

Hoxe, martes 27 de xuño, o pavillón Jonathan Carro Paz de Guitiriz acollerá ás futuras estrelas do fútbol sala feminino nun partido internacional entre España Portugal.

Comezará ás 19:00 horas, con entrada libre. A apertura de portas terá lugar ás 18:00 horas.

amigable seleccion espanola futbol sala as pontes

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17256188392639