As Pontes acollerá o próximo sábado o segundo rallye de clásicos
As Pontes acolle o próximo sábado, 1 de xullo, a II Clásica Vila de As Pontes, proba de regularidade, organizada polo Automóvil Club As Pontes, para vehículos históricos (máis de 25 anos o día da proba).
Esta é unha proba de carácter non deportivo que discorre por carreteras abertas ó tráfico e na que a velocidade media é inferior os 50 kilómetros hora.
O parque pechado estará situado na Rúa 8 de Marzo. O primeiro participante sairá as 15:30 horas e posteriormente o resto de participantes cun intervalo de un minuto estando prevista a chegada do primero participante as 21:10 ao Restaurante Pena Da Revolta.
Contará cun percorrido de 150 kms dos cales 126 kms estaran divididos en seis tramos cronometrados sendo os restantes kms de tramos de enlace.