As Pontes acollerá o V Torneo Base Lago Sport de Fútbol Sala con máis de 4.000 participantes

As Pontes converterase na capital do fútbol sala de base os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño de 2025 coa celebración do V Torneo Futsal Base Lago Sport, unha cita deportiva que reunirá a máis de 4.000 nenos e nenas, distribuídos en 41 equipos e un total de 77 partidos.
O evento desenvolverase en dúas sedes: o Polideportivo Municipal de As Pontes e o Pavillón Polideportivo Monte Caxado. O torneo, que combina deporte e convivencia, contará con competicións nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.
Desde a organización agradecen a colaboración dos clubs participantes, así como dos patrocinadores e entidades colaboradoras como o Concello das Pontes, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).
Este torneo consolidado como unha referencia do deporte base en Galicia será unha festa do fútbol sala para todas as idades, coa participación de equipos procedentes de diferentes puntos da comunidade.