As Pontes acollerá un curso sobre o cultivo do grelo

TerraChaXa
O concello de As Pontes acollerá o vindeiro 10 de outubro unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre cultivo de grelo e comercialización.
4 Out 2019

O concello de As Pontes acollerá o vindeiro 10 de outubro unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre cultivo de grelo e comercialización.

Esta acción, financiada con Fondos Feader e está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente con sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e a cadea forestal ou con expectativas de incorporación, en espacial mozas e mozos do medio rural galego

O curso impartirase na Casa Dopeso, de 09.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas e as persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Oficina Agraria Comarcal das Pontes situada no Complexo Administrativo das Pontes (rúa, 8 de marzo, nº 12).

0.18744301795959