As Pontes acollerá unha andaina contra o cancro este domingo

TerraChaXa
A Asociación Española Contra o Cancro celebra o domingo, ás 11.30 horas a súa andaina solidaria co título As Pontes en marcha contra o cancro
as pontes contra o cancro andaina portada
10 Xuño 2022

A Asociación Española Contra o Cancro celebra este domingo, 12 de xuño, ás 11.30 horas a súa andaina solidaria co título As Pontes en marcha contra o cancro.

Esta actividade lúdico-deportiva ofrecerá un percorrido de seis quilómetros con saída diante do Concello para percorrer Perfolla, Sanda Calvo Sotelo, Tramo Lago, Carril Bici, Cancel IV e de volta ao Concello.

Trátase dun percorrido apto para todos os públicos.

As persoas interesadas poden inscribirse na Óptica Baamonde, El Baúl, Saavedra, Bar A Cepa, Cafetería Venus, Urbo Moda e Amas de Casa. Tamén se admiten inscrición a través da web e tamén aportacións sen necesidade de participar no evento. O custe é de 5 euros por adultos e 3 por nenos e nenas ata os 12 anos.

Todo o que se recade destinarase á investigación oncolóxica, a proxectos asistenciais e de prevención.

A Asociación agradece a participación masiva da sociedade pontesa e a colaboración das distintas institucións e empresas que fixeron posible a realización deste evento.

0.079608201980591