As Pontes acollerá unha charla informativa sobre comunidades enerxéticas e axudas Leader

TerraChaXa
A charla está organizada conxuntamente polo Concello das Pontes e o GDR Seitura 22
axudas-leader-charla
3 Feb 2026

O Concello das Pontes celebrará o mércores 25 de febreiro unha charla informativa dirixida á veciñanza sobre comunidades enerxéticas, no marco do proxecto Red Enerxía. O encontro terá lugar ás 19.00 horas na Casa Dopeso e está concibido como un espazo aberto para achegar á cidadanía información clara e accesible sobre este modelo enerxético.

Durante a sesión abordarase que son as comunidades enerxéticas, cales son os seus principais beneficios e de que maneira pode participar a cidadanía neste tipo de iniciativas colectivas. Ademais, informarase sobre a convocatoria de Axudas Leader 2026, unha oportunidade de financiamento para proxectos vinculados ao desenvolvemento local e á transición enerxética.

A charla está organizada conxuntamente polo Concello das Pontes e o GDR Seitura 22, que animan á participación de todas as persoas interesadas en coñecer novas fórmulas de xestión da enerxía baseadas na cooperación, a sustentabilidade e o aforro.

⚙ Configurar cookies
0.18429207801819