As Pontes acollerá unha sesión formativa da Federación de Autismo de Galicia

TerraChaXa
Será o 9 de decembro e o prazo de inscrición pecha o día 3
autismo
24 Nov 2025

O Concello das Pontes será o escenario o próximo martes, 9 de decembro, dunha sesión formativa presencial organizada pola Federación Autismo Galicia, no marco do proxecto “Eliminación de Barreiras: xerando contornas amigables co autismo”, subvencionado pola Deputación da Coruña, que leva anos impulsando accións de sensibilización, formación e adaptación de contornas, co obxectivo de romper barreiras e facilitar a participación plena das persoas con autismo na vida comunitaria.

A iniciativa busca mellorar a accesibilidade cognitiva de contornas e servizos, promovendo a inclusión das persoas con autismo e de quen presenta dificultades cognitivas ou de comunicación en actividades comunitarias, culturais, deportivas e de ocio.

A formación celebrarase na Aula Polivalente da Casa Dopeso (2º andar, Rúa Rosalía de Castro, 28) de 18:00 a 20:00 horas, cunha duración de dúas horas. Durante a sesión, ofrécense estratexias prácticas para aplicar criterios de accesibilidade cognitiva en espazos e servizos públicos, contribuíndo a crear contornas máis comprensibles e accesibles para todas as persoas.

A actividade está especialmente dirixida a profesionais dos ámbitos público e privado, promotores/as, coordinadores/as e monitores/as de actividades de lecer, cultura e deporte, persoal que presta atención ao público.

O prazo de inscrición pecha o 3 de decembro.

O proxecto “Eliminación de Barreiras: xerando contornas amigables co autismo”, subvencionado pola Deputación da Coruña, leva anos impulsando accións de sensibilización, formación e adaptación de contornas, co obxectivo de romper barreiras e facilitar a participación plena das persoas con autismo na vida comunitaria.

⚙ Configurar cookies
0.092191934585571