As Pontes acollerá unhas xornadas de actualización para adestradores de fútbol sala

TerraChaXa
A Real Federación Galega de Fútbol, a través do Comité Galego de Adestradores, segue virando por Galicia coas Xornadas de Actualización e Reciclaxe que acreditarán as horas de formación que cada técnico terá que xustificar a partir da temporada 2025/2026 para poder tramitar licenza de adestrador en España.
xornadas actualizacion futbol sala as pontes portada
7 Apr 2024

A Real Federación Galega de Fútbol, a través do Comité Galego de Adestradores, segue virando por Galicia coas Xornadas de Actualización e Reciclaxe que acreditarán as horas de formación que cada técnico terá que xustificar a partir da temporada 2025/2026 para poder tramitar licenza de adestrador en España. Para obter o Certificado de Actualización e Reciclaxe esixido pola RFEF e poder así tramitar licenza de adestrador en España cada técnico terá que xustificar a asistencia a 15 horas de formación cada tres anos desde a tempada 2025/2026 para ter o certificado en vigor.

O luns 15 de abril terán lugar as IV Xornadas de Actualización e Reciclaxe para adestradores de fútbol sala nas Pontes. A actividade levarase a cabo desde as 17 ata as 22 horas tanto no Centro de Usos Múltiples Casa Dopeso (parte teórica) como no Polideportivo As Pontes coa participación de relatores de primeiro nivel. Entre eles estarán Juanlu Alonso (adestrador do Quesos El Higaldo Manzanares FS), Joel Rocha (adestrador da SC Braga) e Íñigo Martínez Corchete (seleccionador nacional sub 19, sub 17, sub 15 feminino e adestrador asistente da Selección Española absoluta feminina).

Para estas IV Xornadas de Actualización e Reciclaxe para adestradores de fútbol sala que terán lugar nas Pontes o aforo será limitado.

A inscrición para esta xornada do 15 de abril poden facerse neste enlace. 

Calquera información pode ser consultada no correo comitedeentrenadores@futgal.es

0.074857950210571