As Pontes acolleu a primeira sesión do proxecto Emoción-Arte
O Concello das Pontes acolleu a primeira sesión do proxecto Emoción-Arte, unha proposta do departamento de Benestar Social na que participan 15 mulleres e que ten como obxectivo prioritario permitir as súas participantes un achegamento ao autocoñecemento, á conexión co seu corpo e coas súas emocións empregando a expresión artística como medio.
Tania Pardo responsable da área apunta que “as mulleres durante moito tempo tivemos limitada a nosa expresión en diferentes ámbitos e de diferentes xeitos. A arte sempre foi o canal de expresión emocional da humanidade, por isto, e polo seu dinamismo, creemos que é unha excelente ferramenta para axudar ás mulleres a potenciar e manifestar todas as súas emocións e sentimentos, dándolles unha oportunidade para romper co silencio, conectar consigo mesmas e co seu mundo emocional”.
Así, durante tres sesións, cunha duración conxunta de 25 horas, ás mulleres participantes poderán achegarse as súas emocións e coñecer experiencias de mulleres que utilizan promoven a arte como forma de expresión e canalización emocional.
As participantes tamén realizarán prácticas de introspección para favorecer o seu autocoñecemento, prácticas de consciencia corporal e de atención focalizada como forma de autoescoita así de escoita activa e expresión emocional saudable. Asi mesmo poderán coñecer e experimentar formas de expresión artística que sirven de canal para a expresión e equilibrio emocional, nun clima de grupo baseado no bo trato e o coidado emocional.
Todo isto a través de catro áreas artísticas: a expresión musical e o canto; a expresión oral e escrita; a expresión corporal e as artes plásticas para que as participantes poidan experimentar vivencias de autodescubrimento e expresión emocional mediante técnicas que lles servirán despois de ferramentas para o seu día a día.