As Pontes acometerá a mellora da rúa Rego do Muíño

TerraChaXa
O Concello das Pontes investirá 179.
rego do muino as pontes
3 May 2024

O Concello das Pontes investirá 179.465,80 €, provenientes da Deputación da Coruña, nas obras de mellora da beirrrúa e servizos na marxe dereita da Rúa Rego do Muíño.

O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado así como a renovación do pavimento e, entre os traballos previsto, inclúese a demolición do pavimento actual de baldosas hidráulicas e colocación doutro de características similares ás das intervencións realizadas recentemente en rúas da contorna.

Por outra banda, para garantir a accesibilidade universal, tamén se proxecta a supresión daqueles elementos e cambios de nivel que supoñen unha barreira no desprazamento das persoas con problemas de mobilidade.

Así mesmo procederase á renovarase a rede de saneamento, desdobrándoa nun sistema de rede separativa de pluviais e residuais e mellorarase a rede de alumeado público, mediante a substitución do tendido existente por un sistema acorde coas actuais esixencias en materia de aforro enerxético.

As obras rematarán con instalación de mobiliario urbano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14826893806458