As Pontes adxudica as obras da pista multideporte da Magdalena

TerraChaXa
Crearase unha pista de 20 metros de longo por 10 metros de ancho, para a práctica de fútbol, baloncesto e balonmán
formoso-lorena-pista-multideporte-as-pontes
17 Feb 2025

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de obras, Roberto Rivera, e a concelleira de xuventude, Lorena Tenreiro, visitaba esta mañá a praza do poboado da Magdalena, tras anunciarse a adxudicación da obra de execución dunha pista multideporte no Poboado da Magdalena e a mellora da contorna á empresa pontesa Huso 29.

O proxecto, cun orzamento de 181.427 euros, con cargo á Deputación da Coruña, ten como obxectivo prioritario mellorar a funcionalidade, seguridade, eficiencia enerxética e sustentabilidade dunha das prazas interiores do Poboado da Magdalena mediante a instalación dunha pista multideporte e o acondicionamento da súa contorna,

Nese sentido, o alcalde apuntaba que "a través desta actuación damos resposta a  unha reclamación que a veciñanza do barrio nos trasladou no seu momento, e con esta obra, que comezará nunhas semanas, unha vez se aprobe o informe de seguridade pertinente, deixaremos un barrio totalmente remodelado. Un barrio que recibimos no seu momento con sistemas básicos como o abastecemento, o saneamento, o alumeado e os pavimentos moi deteriorados e que hoxe está totalmente remodelado en boa medida grazas á achega financeira da Deputación da Coruña”.

Así, González Formoso lembraba que “nos últimos anos, o Concello ten levado a cabo obras de mellora da pavimentación dos itinerarios peonís que rodean os bloques de vivendas, así como a renovación das redes de saneamento, abastecemento e iluminación. Así mesmo no ano 2020 acometeuse a obra de recalcificación da praza principal do poboado co obxectivo de mellorar a calidade ambiental da mesma así como a súa funcionalidade, accesibilidade e seguridade, recuperando o carácter de punto de encontro da veciñanza que se tiña perdido co paso do tempo dado o seu mal estado de conservación".

O rexedor engadiu “continuando con esta liña de intervencións, agora buscamos a recuperación doutro dos espazos libres de maior tamaño do poboado, que desde fai anos está sendo utilizado desde hai anos como zona de xogos e deportiva.”

Durante a súa visita, o alcalde das Pontes puido comprobar cal vai ser a
distribución do novo proxecto que permitirá a reorganización do espazo tendo como prioridade o lecer e a convivencia, creando un ámbito de xogo multideporte, renovando os itinerarios pavimentados, adaptándoos ás características dos xa remodelados na contorna.

Crearase unha pista de 20 metros de longo por 10 metros de ancho, para a práctica de fútbol, baloncesto e balonmán, formada por unha estrutura realizada en tramex composta por módulos de diferentes cores, con dúas portarías nos lados curtos, sobre as que se colocarán os taboleiros de baloncesto, completándose o equipamento con dous taboleiros de minibasquet.

A contorna da pista multideporte executarase en formigón armado de cor similar ao executado na praza principal do Poboado e amoblarase con bancos, papeleiras e xardineiras.

Nos itinerarios peonís, tanto da contorna da pista multideporte como das traseiras das edificacións próximas, colocarase un novo pavimento e substituiranse as tapas de rexistro de servizos, colocándose novas tapas de fundición.

Por outra banda, disporanse os medios necesarios para crear un espazo inclusivo, deseñado para todas as persoas, eliminando as barreiras físicas e creando itinerarios accesibles para persoas con diversidades funcionais e problemas de mobilidade, aplicando criterios de ergonomía na selección do mobiliario urbano e de seguridade na elección dos pavimentos e proteccións, creando, ao mesmo tempo, unha contorna na que se reduzan os riscos de accidentes”.

Así mesmo procederase á ampliación da rede de iluminación para a pista multideporte posibilitando o aforro de custes co máximo rendemento lumínico para o que se proxecta a ampliación da canalización de tendido de alumeado existente e a disposición de novos farois con lámpadas LED, tanto na pista multideporte como na súa contorna.

Ademais optarase pola instalación de equipamento sustentable mediante a selección de elementos de mobiliario urbano realizados con materiais reciclados e medioambiental apropiados coma as madeiras certificadas.

O rexedor remarcou que “se disporán os medios necesarios para crear un espazo inclusivo, deseñado para todas as persoas, eliminando as barreiras físicas e creando itinerarios accesibles para persoas con diversidades funcionais e problemas de mobilidade, aplicando criterios de ergonomía na selección do mobiliario urbano e de seguridade na elección dos pavimentos e proteccións, creando, ao mesmo tempo, unha contorna na que se reduzan os riscos de accidentes”

Ademais, optarase pola instalación de equipamento sustentable mediante a selección de elementos de mobiliario urbano realizados con materiais reciclables e medioambiental apropiados coma as madeiras certificadas.

0.16793513298035