As Pontes aposta pola seguridade alimentaria nas feiras

TerraChaXa | LugoXa
O Concello das Pontes, a través da Concellería de Comercio, liderada por Elena López, aposta pola seguridade alimentaria no mercado dos sábados e feiras quincenais como medida para faciltar, ás agricultoras e agricultores do municipio e da comarca, a venda directa da súa produción ás persoas consumidoras e, ao mesmo tempo potenciar a economía local.
Foliada_primavera_web 1
27 Nov 2020

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Comercio, liderada por Elena López, aposta pola seguridade alimentaria no mercado dos sábados e feiras quincenais como medida para faciltar, ás agricultoras e agricultores do municipio e da comarca, a venda directa da súa produción ás persoas consumidoras e, ao mesmo tempo potenciar a economía local.

Así, a comezos do 2020, púxose en marcha unha mesa de traballo, na que participan o Concello das Pontes, a Área de Servizos Agrarios de Ferrol e os produtores e produtoras usuarias do mercado municipal, para analizar as necesidades e coñecer as demandas do sector así como ofrecer asesoramento sobre a normativa de venda directa da Xunta de Galicia co propósito de mellorar o control da actividade, potenciar a súa imaxe e garantir a seguridade dos produtos que se venden no mercado de proximidade das Pontes.

Elena López, indica que, “ tras estes primeiros encontros, ante as dúbidas que existían sobre a regulación de venda directa e coa idea de que novas persoas produtoras se poidesen incorporar a este mercado, dando aos produtos locais o protagonismo que merecen e convertelos nun recurso económico rendible, desde o Concello iniciamos unha campaña para promover a inscrición na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) para dar cobertura legal á actividade e garantir a seguridade alimentaria dos compradores e compradoras”.

Na actualidade son 12 os produtores e produtoras locais rexistradas neste rexistro que garante a seguridade dos produtos en todo momento, axudando ao control e resolución de calquera posible incidencia. Cada produtor rexistra de forma individual cada venta, anota o tipo de produto que vende, a cantidade, o lugar; datos que permiten manter un control sobre as súas vendas e garantir a seguridade dos seus produtos.

“O compromiso do Concello das Pontes é apoiar, en todo momento, ao noso tecido comercial, especialmente aos pequenos e pequenas produtoras que ofrecen os seus produtos no mercado de proximidade. Con este tipo de accións buscamos que o mercado do sábado sexa coñecido pola súa calidade, continuando co servizo que veñen prestando desde fai ano, con todas as garantías; impulsando a venda de productos de km0 e ecolóxicos, producidos polos nosos veciños e veciñas” subliña a concelleira de Comercio.

A concelleira tamén indica que “Queremos ademais trasladar á veciñanza que as compras que realizan no mercado dos sábados non só impulsan o sector primario e a produción local senón que ademais reverten directamente no noso municipio xerando economía e postos de traballo”

Por outra banda, o Concello das Pontes realizou cambios na localización do mercado permitindo á instalación de postos fóra do edificio do Mercado Municipal, nun espazo cun importante tránsito de persoas co obxectivo de aumentar a súa visiblidade e garantir, ao mesmo tempo, o cumprimento das normas sanitarias establecidas como consecuencia da Covid 19, protexendo a saúde das persoas vendedoras e compradoras.

0.13016104698181