As Pontes aposta polo envellecemento activo

TerraChaXa
O concello das Pontes, a través das Concellerías de Benestar Social e Participación Cidadá, está a desenvolver un programa de envellecemento activo nas parroquias do rural pontés.
Envellecemento Activo_portada
24 Maio 2018

O concello das Pontes, a través das Concellerías de Benestar Social e Participación Cidadá, está a desenvolver un programa de envellecemento activo nas parroquias do rural pontés.

O obxectivo desta iniciativa, en palabras da responsable da área de Participación Cidadá, Montserrat García, “é enriquecer e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, fomentando hábitos de vida saudables, e promover a participación social a través de actividades físicas adaptadas que permiten previr, entre os ponteses, situacións prematuras de dependencia e propiciar, ó mesmo tempo, un espazo de encontro no que se fomenta a convivencia, a participación e a integración social, axudándonos a desmitificar a vellez como sinónimo de deterioro e pasividade”.

O programa, que comezou o pasado mes de marzo e que se prolongará ata finais do mes de xuño, lévase a cabo, unha vez á semana, en sesións dunha hora e media de duración, nas asociacións de veciños de Espiñaredo, Saa, Goente, Marraxón e Pontoibo.

En cada sesión, baixo a dirección dun especialista en actividades físicas adaptadas, os participantes realizan una serie de exercicios, encamiñados á mellora e manter a súa condición física, centrados nas áreas da flexiblidade, o equilibrio, a resistencia, a memoria ou a sociabilización, axustados ás súas capacidades e tendo en conta a súa idade, condición física e estado de saúde.

Exercicios con cadeiras, circuítos para exercitar á coordinación, xogos de forza nos que se empregan cintas elásticas, actividades en parella, percorridos deseñados para mellorar o equilibrio, xogos con aros ou balóns son algunhas das actividades que se levan a cabo o abeiro desta iniciativa do goberno local que xa está amosando os primeiros resultados.

“Grazas a este programa conseguimos mellorar o estado físico dos participantes, promovemos a súa a autonomía e o envellecemento activo no noso concello pero, sobre todo, estamos logrando cambios moi positivos no estado de ánimo dos participantes. A práctica do exercicio en grupo, nun ambiente relaxado, favorece as relacións interpersoais, evitan o illamento e melloran a autoestima,” subliña Isabel Fornos, Concelleria de Benestar Social.

 

Envellecemento Activo
0.1571888923645