As Pontes aposta por un programa de equinoterapia para mulleres vítimas de violencia de xénero

TerraChaXa
O concello de As Pontes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), dependente da Concellería de Benestar Social, está a desenvolver un proxecto piloto de intervención psicolóxica e terapia asistida con cabalos destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade, sendo nalgúns casos, vítimas de violencia de xénero.
cabalos_as pontes
2 May 2018

O concello de As Pontes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), dependente da Concellería de Benestar Social, está a desenvolver un proxecto piloto de intervención psicolóxica e terapia asistida con cabalos destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade, sendo nalgúns casos, vítimas de violencia de xénero.

Durante 8 sesións, de unha hora de duración, 14 mulleres, realizan actividades grupales asistidas por cabalos, baixo a supervisión da directora do CIM,  dunha experta en Coaching e Gestalt, dous profesionais do Centro Hípico Deportivo Prado Ventura e un fotógrafo, co dobre obxectivo de reforzar a súa autoestima e promover a súa recuperación afectiva e emocional.

As actividades expostas para axudarlles a superar situacións traumáticas, relacionadas coa violencia de xénero, baséanse no coidado e no manexo dos cabalos. A través deste tipo de accións, as participantes experimentan os beneficios que reporta o contacto e a convivencia cos animais na diminución da ansiedade, na mellora da seguridade en si mesmas e na xeración dunha boa relación coa contorna, aspectos fundamentais no proceso de rehabilitación emocional e social.

Por outra banda, e co finalidade de axudarlles a mellorar as habilidades e destrezas de xestión emocional, o programa de equinoterapia do Concello de As Pontes, inclúe un conxunto de actividades de autoimaxe e autoestima, encamiñadas á recuperación da súa confianza e respecto, nas que os cabalos e a fotografía se converten en canle de expresión das experiencias vitais das mulleres que integran este proxecto.

Isabel Fornos, concelleria de Benestar Social subliña que “o Concello de As Pontes está firmemente comprometido contra a violencia de xénero e traballamos para poder atallala, previla e ofrecer todo o noso apoio ás mulleres vítimas da violencia. A través do CIM prestámoslles atención psicolóxica, asesoramento xurídico e social individualizado a co traballo grupal e a equinoterapia multiplicamos os beneficios destas terapias convencionais. Con esta iniciativa, desde o goberno local  de As Pontes, poñemos a súa disposición todos os recursos cos que contamos para garantir unha intervención integral na procura da súa plena recuperación”.

0.14263701438904