As Pontes aproba a gratuidade de atención educativa na escola infantil da Barosa

TerraChaXa
O pleno do Concello das Pontes aprobou a gratuidade da atención educativa na escola infantil municipal A Barosa.
escola infantil as pontes
8 Out 2022

O pleno do Concello das Pontes aprobou durante unha sesión extraordinaria urxente, por unanimidade, a gratuidade da atención educativa na escola infantil municipal A Barosa.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Tania Pardo, explicou que se trata “dunha medida cun indubidable interese público que fortalece o impulso demográfico e a conciliación. Nos últimos anos vimos mellorando este recurso, ampliando o horario de atención e os servizos complementarios a través da modificación do regulamento de funcionamento e a licitación do mesmo”.

Así o grupo de goberno propuxo ao pleno a modificación da ordenanza fiscal número 24, reguladora da taxa pola prestación do servizo da Escola Infantil Municipal “A Barosa”, concretamente do artigo 6 polo que se modifica as tarifas máximas e o artigo 7 polo que se establecen as bonificacións nos prezos mensuais.

Deste xeito, a atención educativa terá unha bonificación do 100% para todas as familias mentres que os servizos complementarios terán reducións do prezo segundo os tramos de renda da unidade familiar, tomando como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Así mesmo a modificación do artigo 7, recolle unha maior bonificación no caso das familias numerosas ou familias monopartentais.

Tania Pardo recalcou que “ todas estas medidas teñen como obxectivo facilitar a conciliación e ofrecer un servizo de calidade do que poidan gozar todas as familias ponteses ao tempo que aliviamos a carga económica que soportan”

0.1888689994812