As Pontes aproba investimentos por valor de 2,8 millóns de euros

TerraChaXa
O pleno do Concello das Pontes aprobou un suplemento de crédito por valor de 2.834.125 euros, para poñer en marcha servizos e executar obras.
ConcelloAsPontes
4 Nov 2021

O pleno do Concello das Pontes aprobou, cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención do BNG, un suplemento de crédito por valor de 2.834.125 euros, para poñer en marcha novos servizos e executar diferentes obras destinadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os proxectos que se levarán a cabo atópase a mellora e rehabilitación da pista polideportiva do Chamoselo, valorada en 30.500 euros, a execución dunha rígola para auguas pluviais e mellora do vial da Ronda do Poboado, cun orzamento de de 47.141 euros, así como a susbtitución e mellora da canaleta na Praza do Carmen, traballos valorados en 24.788 euros.

Ademais procederase á subtitución da pasarela do parque Lesneven e executarese tamén un novo alumenado público, proxectos valorados en 63.706 euros e mellorarase o pavimento do tramo peonil da senda da Ribeira (18.150 euros) o da zona peonil dos bloques G, H, I e J do Poboado da Magdalena.

Entre os investimentos aprobados tamén se atopa a mellora da accesibilidade ao Lago das Pontes, a execución dunha senda peonil e a execución dunha área de autocaravanas así como o cerramento da zona na que se ubica a rotopala, proxectos valorados en 242.000 euros, aos que se suman preto de 17.000 euros para elaborar un inventario medio ambiental, de especies vivas, do lago e a súa contorna.

Os inventimentos aprobados durante a sesión plenaria, á que non asistiron as persoas representantes do grupo mixto, tamén permitirán a adquisión de novos elementos para os parques infantís (18.150 euros), mellorar a seguridade da pista indoor (48.400), a execución dunha glorieta na Avenida de Vilalba (48.230 euros), a reurbanizacion do cruce da Avenida da Habana co Poboado do Barreiro (48.400 euros) e mellorar a vial que vais entre os Chaos de Arriba e o camiño do Narón (30.250 euros)

Boa parte dos investamentos aprobados están destinados a mellorar os viarios e espazos municipais existentes nas diferentes parroquias do municipio e así, aprobouse un investimento de 500.000 euros para as obras de mellora do abastecemento de agua entre a Faeira e Rego dos Bácaros, traballos de aglomerado do viario de Marraxón ao vertedoiro, a instalación dun sistema de bombeo en Bermui, a mellora do pavimento en Cabana, a creación dun portal de entrada ao lago na Esfarrapa, a execución de obras de mellora da seguridade viaria ou traballos de acondicionamento e mellora dos locais asociativos veciñais.

Por outra banda, estes investimentos permitirán a adquisión e expropiación de terreos e edificios na Avenida de Galicia, na rúa Covelos así como o colexio da Pardo Bazán, para uso deportivo, e unha edificiación na Vila con fins patrimoniais-culturais.

No capítulo de servizos, destaca o investimento nos radares e cámaras de control de tráfico (64.000 euros), no equipamento deportivo para os pavillóns polideportivos (canastras, porterías, marcadores...) ou a adquisición dunha fegadora para as pistas polideportivas.

0.16281795501709