As Pontes aproba investimentos por valor de 700.000 euros

TerraChaXa
O pleno das Pontes aprobou un expediente de crédito extraordinario por valor de 686.610,51, que permitirá levar a cabo varias obras.
ConcelloAsPontes
8 Jul 2021

O pleno do Concello das Pontes aprobou, cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención do BNG, un expediente de crédito extraordinario por valor de 686.610,51, que permitirá levar a cabo obras necesarias para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os 18 proxectos que se levarán a cabo atópase a substitución da tubería de saneamento e conexión cos bloques G-E no Poboado da Magadelena, a mellora capa rodadura no camiño da Balsa, a execución cuneta no viario de Espiñaredo e o acondicionamento vial e acceso rotopala.

Ademais mellorarase a pista ao Cornocelo con triplo rego, executarase unha ponte sobre o rego do Palmeiro e unha senda peonil na Cuíña e procederase á reposicion da baranda do paseo da Ribeira.

Entre os investimentos aprobados tamén se atopa o aglomerado da rúa Monte Caxado, o aglomerado dos viais da Praza Carmarthen e a mellora do pavimento da pista deportiva doCEIP A Fraga e a instalación do conduto da calefacción no Conservatorio así como a substitución e mellora das instalacións de auga e calefacción na casa consistorial.

Ademais estes investiventos permitirán desborzar diferentes vías e parcelas municipais,  executar unha estación de lavado de bicicletas e levar a cabo o proxecto de reforma do mercado municipal e a instalación dunha fonte transitable no Campo da Feira.

Plan Estratéxico de Subvencións

Na sesión plenaria ordinaria tamén se aprobou, cos votos a favor do PSOE e a abstención do BNG, o Plan Estratéxico de Subvencións (PES), un documento no que se establecen os principios básicos que regularán, no período comprendido entre o ano 2021-2023, as subvencions, permios e bolsas de ámbito municipal.

Unha proposta que, en palabras da concelleira de Facenda, Maite Méndez,  “busca contribuír, a través da planificación dos recursos, ao desenvolvemento socioeconómico do municipio en base a modelos sostibles, dinámicos e innovadores que promovan valores sociais, ambientais, culturais e económicos. “

O documento recolle os obxectivos xerais das diferentes líneas de subvencións que porá en marcha o Concello, os obxectivos locais que se perseguen, as persoas, asociacións, entidades públicas e privadas que poderán ser beneficiarias de ditas subvencións, o sistema de seguimento e avaliación do PES así como as diferentes liñas de acción que serán subvencionables entre as que se atopan a liña de benestar social e educación, medio ambiente, deporte, promoción económica e emprego, cultura, participación cidadá e turismo.

Maite Méndez tamén indicou que cada unha das liñas de axudas contará coa súa convocatoria específica na que quedarán fixados os obxectivos de cada unha dlas, as entidades beneficiarias, os criterios de axudicación ou o sistema de xustificación das achegas, entre outras cuestións.

Outros temas

Noutra orde de temas, o pleno do Concello das Pontes aprobou, por unanimidade,  a proposta de festivos locais para o ano 2022 que serán o día 1 de marzo (martes de entroido) e o 18 de xullo (luns das Festas do Carme) e a proposta de adhesión á Asociación ERIH (Europea Route of Industrial Heritage), constituída hai máis de dez anos para a promoción de rutas de patrimonio industrial a nivel europeo, para contribuir a un maior coñecemento do patrimonio industrial das Pontes, á súa conservación, promoción e utilización como recurso turístico.

Así mesmo aprobouse de forma definitiva, co voto en contra do BNG, o regulamento de réxime interno da piscina municipal climatizada, un documento que ten como obxectivo regular o uso e funcionamento da piscina municipal promovendo o acceso da cidadanía ao deporte, atendendo aos principios de igualdade e non discriminación, e baixo a premisa dos efectos beneficiosos que sobre a saúde e o tempo de lecer ten a natación.

0.13112998008728