As Pontes aproba os investimentos do Plan de obras da Deputación por valor de 2,8 millóns

O Concello das Pontes aprobou hoxe as actuacións e investimentos que serán financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2025) por valor de 2,8 millóns euros
A achega da Deputación da Coruña inclúe tres partidas, unha de 698.414 euros correspondente á achega provincial do ano 2024, outra correspondente á achega do 2025 cunha contía de 677.872 euros que se destinarán a gasto corrente e unha partida de 1.443.780 euros, correspondente ao POS Complementario 2024, que permitirá executar 7 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do municipio.
Así, destinará 257.835 euros á mellora de pavimentos e servizos na Avenida de Ortigueira, executará tamén a mellora da pavimentación e servizos na Avenida de Villalba (376.287 euros) a reparación e mellora do firme en Gondré e O Castro (55.283 euros) así como a pavimentación da pista do Bidueiro, ata o cruce do Caxete, actuación valorada en 74.200 euros.
Destinarase unha partida de 84.542 euros ao proxecto de pavimentación do viario ao Niño de Azor e San Xoán do Freixo, unha partida de 308 900 irá destinada á mellora da beirarrúa e dos servizos na marxe esquerda da rúa Rego do Muíño e nun tramo da rúa Areosa, finalmente destinaranse 286.731 euros para a reposicións de servizos e pavimentos na Avenida da Habana, no tramo do Poboado do Barreiro.