As Pontes aproba os proxectos do Plan Único

TerraChaXa
O pleno aprobou proxectos financiados pola Deputación da Coruña, a través do POS, que suporán un investimento de 2.446.493 millóns de euros.
concello as pontes
5 Feb 2021

O Pleno do Concello das Pontes aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención do BNG, PP, Xuntas por As Pontes En Común, os proxectos financiados pola Deputación da Coruña, a través do Plan de Obras e Servizos (POS), e que suporán un investimento de 2.446.493 millóns de euros.

A achega da Deputación da Coruña inclúe tres partidas, unha de 479.004 euros correspondente á achega provincial do ano 2021, outra correspondente á achega do 2020 cunha contía de 1.183.428 euros e unha última partida de 588.556 euros correspondente ao POS Complementario 2021, que permitirán executar 13 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do municipio.

A través da achega provincial 2021 para o financiamento e subministracións vanse a levar a cabo 3 actuacións entre as que se atopan a mellora de servizos e pavimentos na Avenida da Pardo Bazán (fase inicial) cun orzamento de 356.124 euros, tamén se executará a reposición de servizos e pavimentos na Avenida da Habana (entre os números 57 e 60), proxecto valorado en 92.880 euros e levarase a cabo a reparación da capa da rodadura nos viales do Couce e o Castro, un orzamento de 30.000 euros.

Por outra banda, da asignación da achega do ano 2020 destinaranse 14.450 euros para pago a provedores e 569.608 euros ao proxecto básico de execución e reurbanización Praza de América. Desde o grupo de goberno apunta que “este proxecto permitirá levar a cabo a ansiada, necesaria e desexada intervención da praza, dándolle prioridade ao lecer e a convivencia, e que nos permitirá rematar coa renovación do centro urbano”

O Pleno municipal tamén aprobou o POS Complementario, con 588.556 euros que se destinarán a nove actuacións entre as que se atopan a renovación de pavimentos e mobiliario urbano na Avenida das Campeiras cun orzamento de 169.643 euros así como á mellora de servizos e pavimento do Poboado da Fraga (fase IV), cunha partida de 162.244 euros e a mellora da beirarrúa e dos servizos na marxe dereita da Rúa Rego do Muíño por 155.670 euros.

Unha partida de 116.145 euros destinarase ao proxecto básico e de execución de renovación de pavimento e melloras de utilización na Rúa Real ((1ª fase) e outra de 233.904 euros irá encamiñada á mellora de pavimentos e servizos na Avenida de Galicia (fase IV) e 103.134 euros irán destinados ao proxecto básico e de execución de mellora de servizos e pavimentos na Rúa A Balsa (fase 1º)

Investiranse 139.823 euros na mellora de servizos e pavimentos na Avenida de Lugo (entre os números 21-45), reporanse as capas de rodadura nos viais no Ramallal, O Caxado e A Castiñeira por 57.357 euros e adicaranse 98.808 euros á reposición e mellora de firmes en viais municipais na parroquia de San Xoán do Freixo (As Lamelas, Pazos e Serrón)

POS + ADICIONAL

O Pleno tamén aprobou, cos votos a favor do PSOE e o PP e a abstención do BNG e Xuntas por As Pontes en Común, o POS ADICIONAL 2021 para gastos extraordinarios do exercicio 2021, por valor de 290.305 euros, que serán empregados para gastos da área de servizos sociais tales como emerxencia social, escolarización, epi´s para profesionais e persoas dependentes usuarias de servizos sociais, o banco de alimentos ou “calquera outra medida que desde o departamento de Benestar Social se considere imprescindible e urxente para atender ás persoas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade” apuntouse desde o goberno local.

0.17886900901794