As Pontes aproba os proxectos que serán financiados pola Deputación no POS 2023
O Pleno das Pontes aprobou hoxe, por unanimidade, os proxectos que serán financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2023) que suporán un investimento de 1.823. 328 euros.
A achega da Deputación da Coruña inclúe tres partidas, unha de 498.608 euros euros correspondente á achega provincial do ano 2023, outra correspondente á achega do 2022 cunha contía de 258.580 euros e unha última partida de 1.066.139,69 euros correspondente ao POS Complementario 2023, que permitirán executar 15 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do municipio.
A través da achega provincial 2023 para o financiamento e subministracións vanse levar a cabo tres actuacións entre as que se atopan a segunda fase das obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa Pardo Bazán, cun orzamento de 225.647 euros, tamén se executará a mellora da pavimentación e servizos na rúa Pontedeume, un proxecto valorado en 206.381 euros e levarase a cabo a reparación e mellora do firme en Paipaz e as Gañidoiras cun orzamento de 66.579 euros.
Por outra banda, da asignación da achega do ano 2022 destinaranse 166.538 euros para a reposición de servizos e pavimentos na Avenida da Habana, entre o número 99 e o cruce coa rúa Cabanas, adicaranse 60.164 euros á mellora de pavimentos no camiño de Cabeza dos Fornos e Casas Ermas. Así mesmo, investiranse 31.878 euros na mellora e reposición do firme nos Candedos.
POS COMPLEMENTARIO
O pleno municipal tamén aprobou o POS Complementario, que suporá un investimento de 1.066.139 euros que se destinarán a nove actuacións entre as que se atopan o proxecto básico e de execución de renovación do pavimento e melloras de utilización na Rúa Real (fase 2) cun orzamento de 89.518 euros así como a mellora de servizos e pavimentos na Avenida de Lugo, entre os números 21 e 45, valorada en 165.341 euros, e a renovación urbana na Avenida das Campeiras (fase 2), proxecto valorado en 112.041euros.
Destinarase unha partida de 109.053 euros ao proxecto básico e de execución de mellora de servizos e pavimentos na Rúa da Balsa (fase 2) e unha partida de 222.449 euros irá destinada á mellora de pavimentación e servizos na rúa do Sol e outra de 38. 408 euros dedicarase ao proxecto de reparación e mellora do firme no Cameleiro.
Investiranse 113.730 euros na pavimentación de varios viarios na parroquia de San Xoán do Freixo, procederase á reparación da capa de rodaxe nos viarios de O Rego, O Couce e O Castro, traballos orzamentados en 36. 130 euros. Ademais adicaranse 179.465 euros a mellora da beirarrúa e servizos, na marxe dereita, da rúa Rego do Muíño.
POS + ADICIONAL
O pleno tamén aprobou por unanimidade, o POS ADICIONAL para gastos extraordinarios do exercicio 2023, por valor de 145.427 euros, dos cales 127.000 euros serán destinados a gasto corrente da área de servizos sociais e que permitirán o reforzo e ampliación do persoal técnico adscrito aos servizos sociais do Concello, á ampliación das partidas orzamentarias do concello destinadas a axudas de emerxencia ás persoas en risco de exclusión social, ampliar o servizo de axuda a domicilio así como crear unha liña de axudas económicas para os gastos de consumo enerxético ás persoas consumidoras vulnerables.