As Pontes asina un convenio de colaboración coa asociación de axuda ao pobo saharui

TerraChaXa
O Concello das Pontes e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui asinaron un convenio de colaboración para apoiar o desenvolvemento dos programas “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e “Vacacións en paz 2020”.
Sinatura Convenio
5 Mar 2020

O Concello das Pontes e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui asinaron un convenio de colaboración para apoiar o desenvolvemento dos programas “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e “Vacacións en paz 2020”.

A través deste acordo, o Concello das Pontes axudará a cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes e outros alimentos nos campamentos de refuxiados así como o almorzo nas súas escolas.

Por outra banda, a través da colaboración co programa Vacacións en Paz, o Concello contribuirá a que os nenos e as nenas saharauis viaxen a Galicia durante os meses de xullo e agosto, evitando que permanenzcan nos campamentos nos meses de máis calor, época na que as temperaturas poden superar os 50 grados centígrados.

O grupo de goberno sinala que a sinatura deste convenio “permitirá, un ano máis, contribuir a garantir as necesidades fundamentais das nenas e nenos saharauis, dar resposta ao seu dereito á saude, facilitándolles a asistencia médica e alimentación promovendo, ao mesmo tempo, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade”.

Desde o Concello das Pontes animan ás familias da vila a sumarse ao programa “Vacaciones en Paz 2020” de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xullo e agosto , que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras pontesas.

0.19648098945618