As Pontes axiliza o pago a provedores ante a situación de crise

TerraChaXa
O Pleno do Concello das Pontes aprobou onte, cos votos a favor do PSOE e Xuntas Por As Pontes En Común e a abstención do BNG e do PP, durante unha sesión extraordinaria urxente, un recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 236.
qrf
18 Abr 2020

O Pleno do Concello das Pontes aprobou onte, cos votos a favor do PSOE e Xuntas Por As Pontes En Común e a abstención do BNG e do PP, durante unha sesión extraordinaria urxente, un recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 236.219,67€ destinado ao pago a provedores co obxectivo de paliar as consecuencias económicas do coronavirus.

A concelleira de Organización Económica, Maite Méndez, subliñou que “é unha prioridade para o equipo de goberno aumentar a liquidez e a capacidade de supervivencia das empresas, persoas autónomas e entidades, que prestaron os seus servizos ao Concello das Pontes, na actual situación de incerteza provocada polas consecuencias económicas derivadas da loita conta a pandemia do COVID.19”.

Así, a aprobación deste expediente permitirá axilizar o pago das facturas pendentes do exercicio 2019 para evitar calquera tipo de prexuízo aos provedores que prestaron servizos ao Concello e que na actualidade vense afectados polo cese das súas actividades con motivo do decreto do estado de alarma.

Durante a sesión plenaria, que se celebrou de forma telemática, cos votos a favor do PSOE e Xuntas por As Pontes En Común e a abstención do BNG e PP, aprobouse tamén unha modificación do orzamento do 2020 prorrogado para habilitar unha partida por valor de 270.585,52 euros, procedente do remanente líquido de tesourería do ano anterior, para facer fronte aos pago das facturas pendentes do ano 2019 para as que non existía crédito consignado no orzamento vixente.

0.047055006027222