As Pontes celebra a fin de semana unha nova edición do festival Sons da Bocanoite

TerraChaXa
O Concello das Pontes presentou a cuarta edición do festival musical Sons de Bocanoite, que se celebrará o sábado 1 de xullo.
FESTIVAL SONS BOCANOITE AS PONTES PORTADA
26 Jun 2023

O Concello das Pontes celebrará a cuarta edición do festival musical Sons de Bocanoite este sábado 1 de xullo na Carballeira da Fraga.

Trátase dunha das citas culturais máis importantes do verán na vila e incluirá tres concertos vespertinos, unha sesión vermú e un fin de festa que encherá de estilos musicais diversos a Fraga e o centro urbano.

Vicente Roca, concelleiro de Cultura, apunta que “Son da Bocanoite é un festival moi especial, naceu en plena pandemia co obxectivo de dinamizar o sector comercial da vila e darlle unha oportunidade ás formacións musicais emerxentes. Co paso do tempo estase a converter nunha cita ineludible para as persoas amantes das cancións de autor e da mestizaxe de ritmos, un punto de encontro para gozar de cantantes e grupos novos que están chamados a ocupar un lugar destacado dentro de actual panorama musical.”

Os artistas desta nova cita do Sons da Bocanoite poñerán en escena diferentes estilos musicais, desde o pop máis elegante e cercano de Georgina, a canción de autor de Muerdo, pasando pola rumba o el reggae de Rupatrupa, ou mesmo os mellores bailes da man de La Duendeneta.

O público poderá gozar da cuarta edición do Sons da Bocanoite desde o mediodía no centro da vila cunha sesión vermú a cargo de La Duendeneta para dinamizar o sector hostaleiro da vila e pola tarde, a programación cultural moverase á carballeira da Fraga a partir das 19.30 horas con acceso gratuíto.

Unha proposta musical moi diversa

Trala pausa por maternidade, Georgina regresa aos escenarios para ofrecer un directo, no que presentará as cancións que formarán parte do seu próximo disco e onde tampouco faltarán os seus grandes éxitos. En definitiva, un concerto deseñado para gozar e repasar a carreira musical dunha das voces máis elegantes e doces do panorama musical actual.

Muerdo (alter-ego musical do murciano Paskual Kantero) é un dos representantes máis importantes da nova xeración da canción de autor en España, xunto a artistas como Rozalén ou El Kanka. Nesta ocasión a súa música rodéase dunha potente banda multicultural para levar as cancións aos sons urbanos e a mestizaxe cos folclores mediterráneo e latino. Compaxina así a intimidade ou a profundidade humana e social do seu pensamento coa incitación ao baile propia da música máis popular.

Rupatrupa, proxecto afincado en Tenerife chega a As Pontes co formato que o viu nacer. Un formato versátil e con enerxía que che convida a bailar, pero sen deixar de lado a esencia máis íntima do repertorio.

La Duendeneta xa é a primeira, única e auténtica discoteca móbil vintage do mercado. Habilitada nunha furgoneta Avia do 74 e dotada co último en tecnoloxía profesional. Música, iluminación, orixinalidade e enerxía que fan que non decaia a festa e o baile en ningún momento.

FESTIVAL SONS BOCANOITE AS PONTES
0.16545581817627