As Pontes celebra a XXXI Carreira pedestre de San Xosé

TerraChaXa
O Concello das Pontes, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, organiza a XXXI Carreira Pedestre de San Xosé.
carreira pedestre as pontes san xose portada
29 Feb 2024

O Concello das Pontes, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, organiza a XXXI Carreira Pedestre de San Xosé.

A proba, que se celebrará o 17 de marzo está incluída no X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña e no calendario oficial das competicións da FGA, e discorrerá por un circuíto urbano homologado.

A proba comezará ás 11:00 da mañá, na Rúa 8 de marzo, coas categorías escolares que terán que recorrer, 75 metros no caso da sub categoría biberón mentres que as categorías sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 deberán dar entre unha e catro voltas ao circuíto A (430 metros aprox), pechado ao tráfico, que transcorrerá entre a Rúa 8 de Marzo e a Rúa A Xanela mentre que as persoas participantes na categoría sub18 terán que completar unha volta ao circuíto B (5 quilómetros)

As categorías absolutas (sub 18, sénior, máster 35, máster 45 e máster 55) tomarán a saída ás 12:00 hora para recorrer un trazado de cinco quilómetros que pasará, entre outras, pola Rúa 8 de marzo, Sergio Rivera Chao, Avenida de Galicia, Avenida da Habana, e a Rúa Celso Emilio Ferreiro para regresar á Rúa 8 de marzo.

As categorías absolutas (sub 20, sub 23, sénior, máster 1, máster 2, máster 3 e máster 4) tomarán a saída ás 12:00 hora na Rúa 8 de Marzo para recorrer un trazado de cinco quilómetros que pasará, entre outras, pola Rúa 8 de marzo, Sergio Rivera Chao, Avenida de Galicia, Avenida da Habana, e a Rúa Celso Emilio Ferreiro para regresar á Rúa 8 de marzo.

Todas as persoas participantes na categoría biberón recibirán unha medalla e haberá un trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas (feminino/masculino) das restantes categorías escolares.

No caso das categorías absolutas haberá premios metálicos (300, 200 e 100 euros) para as tres primeiras persoas clasificadas (feminino/masculino) da clasificación xeral absoluta mentres que as tres primeiras persoas clasificadas (feminino/masculino) de cada unha das categorías que integran a categoría absoluta recibirán un trofeo.

Haberá tamén un premio ao mellor pontes e a mellor pontesa consistente nunha cesta de produtos locais (sendo necesario estar empadroado/a na vila).

A inscrición realizarase a través da url inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com ata as 23.59 horas do 13 de marzo de 2024. A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa participante (agás para menores de 18 anos que será de balde).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15366387367249