As Pontes celebra este sábado a XXXVII Mostra Coral

TerraChaXa
Trátase dunha cita tradicional que se organiza arredor das Festas do Carme e da Fraga
mostra-coral-vila-de-as-pontes
Cartel
4 Jul 2025

A vila das Pontes acolle este sábado, 5 de xullo, a XXXVIII edición da Mostra Coral Vila das Pontes, que terá lugar a partir das 20.00 horas no auditorio Cine Alovi.

Na Mostra participarán tres corais, a Coral Polifónica de Burela, a Coral Polifónica de Melide e a Agrupación local Endesa-As Pontes, organizadora tamén do evento.

Trátase dunha cita tradicional que se organiza arredor das Festas do Carme e da Fraga das Pontes.

⚙ Configurar cookies
0.1695499420166