As Pontes celebra este sábado a XXXVII Mostra Coral

TerraChaXa
A Coral pontes celebra os seus 50 anos de historia eserá a encargada de ler o pregón inaugural nas Festas das Pontes.
mostra-coral-endesa-as-pontes
Cartel
5 Xul 2024

A vila das Pontes acolle este sábado, 6 de xullo, a XXXVII edición da Mostra Coral Vila das Pontes, que terá lugar a partir das 20.00 horas no auditorio Cine Alovi.

Na Mostra participarán tres corales, a Coral Polifónica Ferrolana A Magdalena, a Coral Polifónica de Ribadeo e a Agrupación local Endesa-As Pontes, organizadora tamén do evento.

Esta actividade ten un protagonismo especial este ano xa que a Coral celebra os seus 50 anos de historia e nesta edición será a encargada de ler o pregón inaugural nas Festas das Pontes.

0.092587947845459