As Pontes celebra o sábado a XXXII Carreira pedestre de San Xosé

TerraChaXa
Terá lugar na Fraga a partir das 10.30 horas do sábado 15 de marzo
carreira-pedestre-sanxose
10 Mar 2025

O Concello das Pontes organiza a XXXII Carreira Pedestre de San Xosé. A proba, que se celebrará o 15 de marzo, e discorrerá por un circuíto urbano de 6.400 metros e transcorrerá sobre asfalto e terra.

A proba comezará ás 10:30 da mañá, no parque da Fraga, coas categorías escolares que terán que recorrer, 80 metros no caso da sub categoría biberón mentres que as categorías sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 deberán dar entre unha e catro voltas aos circuítos infantís, mentres que as persoas participantes na categoría sub18 terán que completar unha volta ao circuíto para adultos.

As categorías absolutas (sub 18, sénior, máster 35, máster 45 e máster 55) tomarán a saída ás 10:30 horas para recorrer o trazado dos 6.400 metros.

A categoría absoluta empezará ás 10:30 horas, as categorías sub16 e anteriores comezarán a partir das 11:30h consecutivamente ata rematar os grupos de idade, polo que as persoas inscritas deberán estar atentas á hora de saída, que será anunciada con suficiente antelación pola megafonía da organización.

Todas as persoas participantes na categoría biberón recibirán unha medalla e haberá un trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas (feminino/masculino) das restantes categorías escolares.

No caso das categorías absolutas haberá premios metálicos (300, 200 e 100 euros) para as tres primeiras persoas clasificadas (feminino/masculino) da clasificación xeral absoluta. Haberá tamén un premio ao mellor pontes e a mellor pontesa consistente nunha cesta de produtos locais (sendo necesario estar empadroado/a na vila).

A inscrición realizarase a través deste enlace ata as 23.59 horas do 13 de marzo. A inscrición terá un custe de 3 euros por persoa participante (agás para menores de 18 anos, que será de balde).

⚙ Configurar cookies
0.89396500587463