As Pontes celebra, por segunda vez, o día Internacional do Ioga
O Concello de As Pontes celebra, por segundo ano consecutivo, o Día Internacional do Ioga, o vindeiro venres, 21 de xuño, a partir das 19:30 horas no Lago, cunha clase de balde na que poderán participar todos os veciños e veciñas que o desexen.
Esta sesión ten como obxectivo achegar á veciñanza a una disciplina que promove o benestar físico, mental e emocional ao tempo que impulsa a práctica de valores éticos e virtudes mentais que contribúen á creación dunha maior calidade de vida.
A sesión, dirixida por dúas mestras tituladas, terá unha duración aproximada de dúas horas e estará dividida en cinco partes. Comezará cunha breve presentación inicial tras a que se realizará unha introdución á biodanza da man de Naihara González, a través da que os participantes aprenderán a desconectar das preocupacións do día, centrarse no seu corpo e conectar coa calma e o benestar.
A continuación, a mestra Lidia Vilaboy, a través do Hatha, unha modalidade do ioga baseada na práctica de asanas, posturas corporais, movementos lentos e suaves que permiten mellorar a firmeza e elasticidade muscular, ensinará aos asistentes a conectar co seu corpo.
A continuación haberá unha práctica de relaxación guiada na que os asistentes aprenderán a descansar o corpo, a mente e a reducir a tensións e os niveis de ansiedade e, finalmente, a actividade rematará cun pequeno contacto coa meditación, a través dunha práctica guiada baseada na respiración.
Desde o Concello de As Pontes animan a todos os veciños e veciñas a sumarse a esta iniciativa e gozar dunha oportunidade única para probar os beneficios da práctica do ioga ao aire libre, nun entorno privilexiado como lago pontés.
Esta actividade está aberta a todos os ponteses e pontesas. Pode ser realizada por calquera persoa e a calquera idade polo que poden tomar parte as familias ó completo, tanto adultos como menores. Recoméndase acudir con roupa cómoda e unha esterilla ou toalla para tombarse e, no caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan, a actividade levarse a cabo no primeiro andar da Plaza de Abastos, no mesmo horario.