O CD As Pontes celebra unha asemblea este xoves para deseñar o seu futuro

TerraChaXa
O CD As Pontes convoca a unha asemblea extraordinaria de socios, que terá lugar este xoves, ás 19.30 horas no salón do Lar.
xogador futbol cd as pontes
12 Xul 2023

O CD As Pontes convoca unha asemblea extraordinaria de socios, que terá lugar este xoves, ás 19.30 horas en primeira convocatoria no salón do Lar para dirimir o seu futuro.

O club pontés informará sobre a situación deportiva do mesmo, así como da económica. Como terceiro punto da orde do día tratarase a aprobación de contas para seguir sobre medidas a tomar en canto á continuidade ou á celebración de eleccións.

0.20039200782776