As Pontes clausura o curso Neenos emprendedores

TerraChaXa
O concello das Pontes clausurou o curso Nenoos emprendedores, para fomentar a cultura emprendedora entre os alumnos de primaria da vila, coa entrega de diplomas ós 20 rapaces que participaron nesta actividade de motivación emprendedora infantil.
nenosemprendedores
30 Maio 2018

O concello das Pontes clausurou o curso Nenoos emprendedores, para fomentar a cultura emprendedora entre os alumnos de primaria da vila, coa entrega de diplomas ós 20 rapaces que participaron nesta actividade de motivación emprendedora infantil.

Durante este acto, o concelleriro de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos, Antonio Alonso, subliñou a importancia destes cursos para a economía do futuro. “Todos o nenos levan un emprendedor dentro e o goberno local, a través destas iniciativas, quere axudalos a potenciar o seu talento e as súas competencias, amosándolles que é posible acadar os seus soños e facer realidade as súas ideas de negocio”

A través de xogos e outras actividades lúdicas, os alumnos deste obradoiro aprenderon nocións sobre economía, finanzas ou contabilidade e conceptos como que son os bancos, o aforro, a débeda ou o consumo responsable que lles axudan a entender aspectos da súa vida cotiá e a coñecer mellor a súa contorna.

Durante 17 sesións, os participantes aprenderon competencias propias dos emprendedores coma a creatividade, a sociabilidade, a capacidade de aprendizaxe, a paixón e a tenacidade e así, desde a infancia, comezar a fixar conceptos e sensibilizalos na idea de que é posible imaxinar unha empresa e facela realidade no pobo, contribuíndo á economía da súa vila.

0.20578598976135