As Pontes clausura o obradoiro de emprego Eume II

TerraChaXa
O Concello das Pontes clausurou a segunda edición do obradoiro de emprego Eume, de atención sociosanitaria, promovido polo executivo local e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
diplomas ObradouiroEumeII 768x512
26 Xul 2019

O Concello das Pontes clausurou a segunda edición do obradoiro de emprego Eume, de atención sociosanitaria, promovido polo executivo local e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Durante o acto, que contou coa presenza do primeiro tenente de alcalde, Antonio Alonso, a concelleira de Benestar Social, Tania Alonso e o director xeral de orientación e promoción laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal, fíxose entrega dos diplomas acreditativos ás once alumnas que participaron nesta acción formativa.

Alonso felicitou ás alumnas e remarcou a “gran oportunidade laboral que supón a posta en marcha de actividades formativas deste tipo, nun campo que conta cunha gran demanda de profesionais cualificados, e que no caso das Pontes, incrementa ano tras ano”.

O edil agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia á hora de poñer en marcha este tipo de actividades e ofreceu o respaldo do concello pontés para continuar nesta liña de colaboración entre administracións e poñer a disposición da veciñanza unha ferramenta de axuda e acompañamento especializado para que poidan desenvolver as súas competencias persoais, sociais e laborais, acrecentar a súa empregabilidade e situarse nunha situación máis favorable cara o mercado laboral”

Pola súa banda, Tania Pardo, sinalou que o obxectivo deste programa foi buscar a cualificación profesional das persoas beneficiarias, mediante a formación e a realización de prácticas profesionais non laborais ao abeiro do servizo municipal de Axuda no Fogar para, deste xeito, favorecer a súa inserción nun sector cun alto volume de demanda de profesionais.

Obradoiro de emprego Eume II

O obradoiro Eume II, cun orzamento de 190.045 euros, dos cales 40.000 son aportados polo Concello de As Pontes e o resto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, incluíu formación teórica sobre atención hixénico-sanitaria, administración de alimentos e tratamentos médicos, primeiros auxilios, apoio nas xestións cotiás, organización do domicilio de persoas dependentes, entre outros.

Na parte práctica as alumas desenvolveron todo o aprendido mediante prácticas non laborais no programa de Axuda no Fogar do Concello de As Pontes. Asemade tamén se incluíron módulos complementarios sobre novas tecnoloxías, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais ou técnicas de procura de emprego.

O curso contou cun total de 1.440 horas de formación mediante as cales as once participantes puideron obter o correspondente certificado de profesionalidade, e que se suman á ducia de beneficiarios da primeira edición deste obradoiro, celebrado en 2017, e que tamén contou co respaldo do Concello de As Pontes e a Xunta e Galicia.

0.20577621459961