As Pontes comeza hoxe a preparar a tradicional alfombra floral

Os días 17 e 18 de xullo, o Concello das Pontes inicia os traballos previos da alfombra floral para acompañar á Virxe no último tramo de procesión, desde a igrexa de Santa María á Capela do Carme.
Os preparativos realizaranse no Pavillón Polideportivo A Magdalena, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, ofrecendo a veciñanza a oportunidade de colaborar na elaboración desta obra efémera de gran valor cultural e estético.
A propia elaboración da alfombra comeza na madrugada do sábado ao domingo, desde as cinco da mañá ata arredor das dez. Aínda que xa se está traballando nela nos días anteriores para conseguir todo o material e preparándoo para que o propio día só teñen que ocuparse de colocalos no seu lugar correspondente.
No proceso de recolección de flores, adoitan participar arredor de trinta persoas, vinte das cales, logo, encárganse de montar a alfombra. Incluso mencionan que xa avanzada a mañá poden atoparse cun transeúnte que sempre está disposto a botar unha man.
É moi importante, ademais, a axuda que prestan os veciños das florarías locais, xa que adoitan doar materiais.