As Pontes concede 155.000 euros ás entidades locais de interese público

TerraChaXa
O Goberno local das Pontes aprobou cinco convenios e subvencións nominativas a distintas entidades locais de interese público por valor de 155.
Pleno Municipal Xullo
5 Xul 2018

O Goberno local das Pontes aprobou cinco convenios e subvencións nominativas a distintas entidades locais de interese público por valor de 155.000 euros.

As entidades beneficiarias son a Asociación Cultural Amigos da Música que percibirá unha subvención municipal de 73.000 para facer fronte ós gastos derivados da súa actividade ó longo do ano 2018.

Tamén se beneficiarán destas achegas a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO) coa que poderá financiar campañas publicitarias e de marketing dirixidas a fomentar a compra no pequeno comercio local, accións formativas así como outros gastos relacionados coa súa área de traballo grazas a concesión dunha achega de 20.000 euros.

A asociación de empresarios SEARA recibirá unha achega de 25.000 euros destinada a cubrir os gastos derivados das actividades de asesoramento e consolidación de emprendedores así como para segunda parte da redacción do plan de emerxencias dos Airíos e da elaboración dun novo plan de desenvolvemento dos polígonos industriais das Pontes.

Co obxectivo de poder sufragar os gastos das actividades da asociación animalista, Pegadas Solidarias, o Concello concederá á Asociación Pegadas Solidarias una achega de 25.000 euros.

Por último, a agrupación municipal de voluntarios de Protección Civil das Pontes recibirá outra subvención de 12.000 euros para facer fronte ós custes derivados da súa actividade.

OUTROS TEMAS

Durante o transcurso do pleno, aprobáronse os festivos locais do ano 2019 que serán o 5 marzo, martes de Entroido e o día 22 de xullo, luns das festas do Carmen. O pleno municipal tamén referendou a adhesión ó convenio de colaboración entre SGAE e FEMP para a aplicación da tarifa simplificada no abonamento dos dereitos de autor á sociedade de autores e que facilitará o abono dos dereitos de autor xerados por un amplo catálogo de actos gratuítos e con prezos reducidos.

0.20070695877075