As Pontes reparte axudas ás familias para a escolarización

TerraChaXa
O Concello das Pontes informa que as familias que teñen concedida a axuda para a escolarización dos seus fillos ou fillas para o curso 2020/2021, poderán recoller o vale polo importe da axuda concedida, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa do Dopeso), entre o 8 e o 21 de setembro, de 11 a 14 horas.
VueltaalCole 696x461 1
9 sep 2020

O Concello das Pontes informa que as familias que teñen concedida a axuda para a escolarización dos seus fillos ou fillas para o curso 2020/2021, poderán recoller o vale polo importe da axuda concedida, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa do Dopeso), entre o 8 e o 21 de setembro, de 11 a 14 horas.

Poderán recoller o vale calquera dos dous çproxenitores, presentado o seu DNI. No caso de que non poda acudir persoalmente ningún dos proxenitores, deberán facer unha autorización a favor de outra persoa, que acudiría con dita autorización, co DNI/NIE da persoa que autoriza e co DNI/NIE da persoa autorizada.

0.16290688514709