As Pontes conta con rotulación artística

TerraChaXa
O lago das Pontes conta, desde onte, cunha rotulación artística co nome da vila; unhas letras escultóricas de gran tamaño, instaladas nas proximidades do punto de información turística, que responde a aposta co Concello das Pontes por crear novos valores e atractivos turísticos na vila.
rotulacion artistica as pontes
22 Xul 2022

O lago das Pontes conta, desde onte, cunha rotulación artística co nome da vila; unhas letras escultóricas de gran tamaño, instaladas nas proximidades do punto de información turística, que responde a aposta co Concello das Pontes por crear novos valores e atractivos turísticos na vila.

Así o confirmou Elena López, concelleira de Turismo, quen explicou que se “trata dun elemento escultórico de 1,40 metros de alto e 6 metros de largo, elaboradas con madeira tratada de piñeiro de país, co obxectivo de integrarse coa contorna do lago, un enclave natural privilexiado que atrae a decenas de visitantes cada día, de xeito que este conxunto escultórico servirá para darlles a benvida e promover a praia do lago, a súa contorna e a senda da memoria como principais reclamos turísticos do municipio”

A concelleira tamén destacou que “a elección das novas pezas escultóricas se decidiu tendo en conta a súa integración paisaxística, contribuíndo a manter e mellorar a autenticidade e esencia da contorna do lago. Con este novo elemento escultórico, queremos poñer en valor non só o noso patrimonio natural senón tamén a nosa vila e o orgullo de ser e sentirse das Pontes”.

A rotulación, instalada esta mañá, componse de dous elementos, unha estrutura de ferro lacado sobre as que se ubican as letras corpóreas, elaboradas con catro láminas de madeira para crear un efecto de profundidade así como un xogo de luces e sombras e permitir que o vento pase a través de elas, garantindo a súa óptima conservación.

0.17014408111572