As Pontes contará este domingo cun torneo de patinaxe

As Pontes converterase o vindeiro 19 de outubro no epicentro do patinaxe artístico galego coa celebración da I Fase Rexional e da II Fase de Niveis Danza. O evento terá lugar no pavillón polideportivo municipal a partir das 09:30 horas e reunirá a patinadoras e patinadores de distintos puntos de Galicia nunha xornada chea de talento, ritmo e paixón sobre rodas.
A cita, organizada polo Club Patín das Pontes e que conta co apoio da Xunta de Galicia e o programa Deporte Galego, promete ofrecer un espectáculo deportivo de alto nivel, no que se combinarán técnica, arte e emoción. Desde a organización animan á veciñanza e visitantes a achegarse para gozar do mellor patinaxe artístico da comunidade nunha xornada que será, sen dúbida, inesquecible.