As Pontes contará este mes con tres sesións de Xoves na Biblio
Continúa o programa Xoves na Biblio este mes coa celebración de tres sesións, que darán comezo o día 9 co espectáculo Avoas, de Run Run Teatro, dirixida a nenos a partir de 4 anos.
Unhas avoas moi particulares chegan á Biblioteca das Pontes dispostas a por en marcha a súa propia proposta de actividades. Para coñecelas hai que probalas polo que estas mulleres ensinarán como son o clube de lectura, tarde de bingo, ximnasia de mantemento ou taller de memoria…. inscríbete na que máis che guste. Una actividade para concienciar e fomentar a igualdade.
Continuarán o xoves 16 con Feminismo no tempo, de Atalaias. Un xogo de 55 cartas que nos axuda a situar dun xeito lúdico feitos relevantes da historia do feminismo e unha nova ferramenta para aprender, comprender e, sobre todo, practicar o feminismo. Para nenos a partir de 6 anos.
A seguinte cita será o xoves 23, un espectáculo de maxia co título Que curioso!, do Mago Noel, tamén apta para nenos a partir dos 4 anos.
Un espectáculo de maxia moi participativo, colorido e divertido. Combinando numerosas técnicas circenses e teatrais, demostrando que os malabares, o humor, a música e a poesía crean por se mesmos un espazo de comunicación xenuíno entre mago e público. Un espectáculo para soñar!
As sesións serán coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.